Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril estraga a oportunidade de engancharse aos postos de ascenso

O Fabril estraga a oportunidade de engancharse aos postos de ascenso

Tiña a posibilidade de igualar co Langreo no quinto posto, pero os asturianos levaron a vitoria de Abegondo (0-1)

G24.gal 31/03/2024 15:00

O Fabril perdeu diante do Langreo unha grande oportunidade para engancharse aos postos de ascenso. Tiña a tiro de vitoria ao quinto clasificado (39 puntos) pero acabou perdendo por 0-1 nun partido no que a orde defensiva visitante marcou a diferenza.

O Langreo avisou no 22 cunha clara ocasión de Dani Hernández. Comezara mellor o conxunto visitante e froito diso chegou o gol do exdeportivista Iago Novo. Un par de minutos máis tarde o Fabril tivo a grande oportunidade para empatar pero o colexiado anuloulle un gol a Mati Castillo por unha falta anterior de Kevin. 

O segundo tempo foi o da impotencia. O Fabril non xerou ningunha ocasión de perigo. Tan só un remate de Kevin ao pau, pero a xogada estaba anulada por unha infracción anterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar