Cargando resultados...
O feminismo manifestarase dividido este 8-M en Madrid
O feminismo manifestarase dividido este 8-M en Madrid
Convocadas dúas mobilización á mesma hora e con distinto percorrido
G24.gal
08/03/2022 14:54
Tras dous anos freado pola pandemia, este oito de marzo, o feminismo volve saír á rúa. Aínda así, por primeira vez, o movemento camiñará dividido, debido ás diferenzas arredor das dúas leis que prepara o Goberno: a lei trans e a que aborda a prostitución, dous textos en que tamén difiren os partidos da coalición.
Por esta razón, en Madrid e noutra vintena de localidades, esta tarde haberá dúas manifestacións á mesma hora. Para a ministra de Igualdade, Irene Montero, este debate sempre existiu e o importante é a "axenda compartida".