Publicador de contidos
Publicador de contidos

O feminismo sae á rúa nun 8M marcado pola lei do 'só si é si' e a 'lei trans'

O feminismo sae á rúa nun 8M marcado pola lei do 'só si é si' e a 'lei trans'

Esta mañá xa se produciron as primeiras manifestacións, aínda que pola tarde se agardan as máis numerosas

 

G24.gal 08/03/2023 15:03

As mulleres tomarán as rúas á tarde pero, un ano máis, o movemento feminista marchará dividido polas posicións enfrontadas sobre a prostitución, a lei trans e a lei do 'só si é si'. 

Os actos xa comezan esta mañá en distintas vilas e cidades galegas.Comisións Obreiras concentrouse ante a subdelegación do Goberno en Ourense, e na Coruña leu un manifesto conxunto con UXT.

A CIG mobilizouse por separado nas principais cidades galegas, co lema "A crise non a imos pagar as traballadoras". Este sindicato marchou en Vigo con lemas contra o machismo e o capitalismo. A marcha acabou confluíndo coa que organizou o Sindicato de Estudantes que partiron ao mediodía da Farola de Urzáiz.

Tamén houbo mobilización estudantil na Coruña, que saíu do Obelisco e convocou o Sindicato de Estudantes e a asociación Libres e combativas.

Pero as manifestacións principais serán pola tarde. Na Coruña, a Plataforma Feminista Galega convoca unha marcha que sairá do Obelisco ás oito da tarde.

En Vigo, hai tamén unha marcha con saída ás oito da tarde da praza dos Cabalos, convocada por Feminismo Unitario de Vigo.

Mentres, en Santiago, haberá dúas manifestacións, que saen da praza 8 de marzo e remata no Obradoiro. Unha empeza ás sete da tarde convocada pola Plataforma Feminista Galega e outra as oito que encabezada a Marcha Mundial das Mulleres.

Pola súa parte en Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo hai marchas que comezan ás oito da tarde convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres.

A de Ourense empeza diante da Subdelegación do Goberno a carón do parque de San Lázaro; a de Pontevedra, na praza de Ourense; a de Ferrol, na praza de España; e a de Lugo, diante do edificio da Xunta.

Así mesmo, hai concentracións e marchas en Vigo, A Coruña e Santiago do Bloque Abolicionista, que avogan pola eliminación da prostitución como un elemento clave para a loita dos dereitos das mulleres.

Dúas mobilziacións en Madrid

A capital acollerá dúas moblizacións por segundo ano consecutivo. Unha delas é a convocada pola Comisión 8M. Está previsto que asistan as ministras socialistas así coma cargos do PSOE.

Veranse as caras os socialistas con cargos de Podemos e as ministras de igualdade e dereitos sociais, Irene Montero e Ione Belarra, que confirmaron a súa asistencia. 

Os socios de goberno comparten marcha despois das duras acusacións que cruzaron onte no Congreso a conta da reforma da lei do 'só si é si', un cambio lexislativo que rexeita a Comisión do 8M. Reforma que si apoia o Movemento feminista de Madrid, que celebrará outra manifestación. Activistas contrarias á 'lei trans' e que noutras ocasións pediron a dimisión de Irene Montero, ministra de igualdade.

Será a do Movemento Feminista a manifestación á que asistirán representantes do PP.

En varias cidades de España houbo xa esta mañá un avance das mobilizacións desta tarde polo 8M. En Madrid, saíron á rúa Comisións Obreiras e UXT. Nesta concentración, Unai Sordo e Pepe Álvarez pediron unidade ás mulleres.

En Barcelona, as marchas víronse embazadas cun incidente: un coche que intentaba atravesar polo tramo cortado ao tráfico levou por diante varias manifestantes. Dúas das mulleres atropeladas quedaron feridas leves. A condutora do vehículo foi identificada polos Mossos d'Esquadra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade