O Festival da Luz celébrase este ano en agosto e contará cos Heredeiros da Crus, Mala Rodríguez ou Ilegales
O Festival da Luz celébrase este ano en agosto e contará cos Heredeiros da Crus, Mala Rodríguez ou Ilegales
O Festival da Luz celébrase este ano en agosto e contará cos Heredeiros da Crus, Mala Rodríguez ou Ilegales
Luz Casal presentou hoxe a décima edición desta "romaría" familiar e benéfica
A Fundación Andrea e a Cruz Vermella recolleron a recadación das dúas edicións anteriores
Ilegales, Mala Rodríguez, Heredeiros da Crus ou Bala son algúns dos principais atractivos que o Festival da Luz propón para a súa décima edición. Un festival que cambia de mes por primeira vez, será os días 26, 27 e 28 de agosto, e que ademais incorporará novas actividades culturais aínda por desvelar, pero que mantén a esencia coa que foi concibido pola súa promotora.
Na presentación desta edición, Luz Casal insistía en que "hai certas cousas que son inamovibles: o feito de que sexa un festival benéfico, que teña esencia rural e que haxa música diversa".
Este ano, en Boimorto, comparten cartel cos xa mencionados Los Estanques, Delaporte, Fon Román, Colectivo da Silva ou Sexy Zebras, entre outros, e coa axenda aínda sen pechar. Tamén queda por coñecer para quen vai destinada a recadación desta edición. A das dúas últimas foi para a Fundación Andrea e a Cruz Vermella, que recolleron hoxe a doazón.
Paco Pérez-Bryan, director musical do festival, explicaba que o feito de ser un festival benéfico "fainos únicos e moi especiais", por iso "agora que en España haxa tantísimos festivais, que isto siga adiante é un milagre".
Un milagre que, hoxe mesmo, antes de que se coñeceran os principais grupos que van actuar, xa tiña vendidas máis de 4.000 entradas.