O Festival Imaxinaria promociona a animación audiovisual na Coruña
O Festival Imaxinaria promociona a animación audiovisual na Coruña
O realizador Michaël Dudok de Wit, un dos grandes referentes mundiais, ofreceu unha clase maxistral
A sede de Afundación da Coruña acolle a primeira edición do Festival Internacional de Animación Imaxinaria, un proxecto que nace coa premisa de promover a animación audiovisual menos coñecida e de funcionar como punto de encontro para os profesionais do sector.
Ademais das proxeccións, o certame organizou actividades paralelas poñendo o foco no público infantil e tamén charlas e clases maxistrais, como a que impartiu Michaël Dudok de Wit, un dos grandes referentes do cine mundial de animación.
Recoñecido e premiado polas súas curtametraxes, o realizador holandés debutou nas longametraxes con A tartaruga vermella, o filme que pechou a programación da segunda xornada do festival.