Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Festival Internacional de Cinema de Ourense proxectará 60 películas

O Festival Internacional de Cinema de Ourense proxectará 60 películas

O festival comezou coa proxección dun documental sobre Adolfo Domínguez, dirixido pola súa propia filla

Entre os premiados este ano está Carlos Montero, creador de series como Élite ou Al Salir de Clase

O festival comezou coa proxección dun documental sobre Adolfo Domínguez
G24.gal 27/09/2024 21:33

A Gala inaugural da edición número 29 do Festival Internacional de Cinema de Ourense contou coa estrea dun documental sobre Adolfo Domínguez. Entre os premiados está o celanovés Carlos Montero, creador de series coma Élite ou Al salir de clase.

Adolfo Domínguez. El eco de otras voces é un percorrido pola traxectoria vital e profesional do deseñador ourensán. Un relato intimista, dirixido pola súa propia filla, Adriana Domínguez, que nos convida a percorrer os recunchos menos coñecidos da vida do modista.

É un dos proxectos que compiten na sección panorama Galicia, xunto a outras 9 películas, catro delas estreas, como Los Ojos de Europa, do vigués Juan Pinzás.

Cinema galego que tamén protagonizará unha das novidades do festival, o ouff lab, para dar a coñecer os proxectos nos que se está a traballar. A sección internacional achegaranos desta volta unha ducia de películas.

Cinema de autor que converterá a Ourense nun referente da sétima arte. O festival quixo recoñecer nesta edición o traballo de guionistas de sona internacional, como o cubano Alejandro Hernández e o galego Carlos Montero. Tamén a deseñadora de vestiario e directora Clara Bilbao.

O Festival de Cine de Ourense alongarase ata o vindeiro 6 de outubro. Proxectaranse 60 películas de 19 países.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade