Publicador de contidos
Publicador de contidos

O festival SonRías Baixas celebrarase o 1, 2 e 3 de agosto en Bueu

O festival SonRías Baixas celebrarase o 1, 2 e 3 de agosto en Bueu

Os artistas convidados e a venda de entradas daranse a coñecer o vindeiro mes de xaneiro

Grande Amore foi un dos artistas que formou parte da anterior edición do festival SonRías Baixas Grande Amore foi un dos artistas que formou parte da anterior edición do festival SonRías Baixas
G24.gal 29/12/2023 17:09

O festival SonRías Baixas celebrará a súa edición número vinte e unha os días 1, 2 e 3 de agosto de 2024. Este é un dos eventos musicais máis lonxevos que se organiza en Galicia.

Aínda que non se coñecen os artistas que comporán a oferta deste ano, a principios do vindeiro mes de xaneiro concretaranse máis detalles sobre os artistas convidados este ano, así como tamén sobre a venda das entradas, segundo anunciaron dende a organización.

Este festival, que cada ano se celebra no Concello de Bueu, en Pontevedra, reuniu na súa anterior edición a máis de 22.000 persoas ao longo dos tres días, batendo o seu récord histórico. Este evento xerou un enorme impacto económico en toda a comarca do Morrazo, que superou os 1,5 millóns de euros.

Algúns dos artistas que participaron na edición do 2023 do SonRías Baixas foron Lendakaris Muertos, Boikot, Natos y Waor, La Pegatina, Macaco, Arde Bogotá, Pili Pampín e Ortiga e Grande Amore, entre outros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade