Publicador de contidos

Publicador de contidos

O FMI anticipa unha forte desaceleración da economía española este ano

O FMI anticipa unha forte desaceleración da economía española este ano

Crecerá un 1,1 %, fronte ao 5,2 % do ano pasado

G24.gal 31/01/2023 10:05

O Fondo Monetario Internacional anticipa unha forte desaceleración da economía española este ano, cando crecerá un 1,1 %, fronte ao 5,2 % do ano pasado, mentres que de cara ao ano que vén anticipa unha expansión do 2,4 %, segundo a actualización das perspectivas económicas mundiais que publicou este martes a institución.

Deste xeito, aínda que o FMI mantén os seus prognósticos para España, que deu a coñecer a mediados de xaneiro, en comparación coas previsións do pasado outubro España é a única das grandes economías que ve rebaixada as expectativas de crecemento tanto para 2023 como para 2024.

Con todo, a economía española segue contando coas previsións máis optimistas de expansión por parte do FMI para este ano e o seguinte entre as grandes economías da eurozona. Nas conclusións do directorio do FMI sobre a economía española, publicadas o pasado 19 de xaneiro, a institución anticipaba que España alcanzará o nivel de actividade previo á pandemia a principios de 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade