Publicador de contidos
Publicador de contidos

O FMI súmase á coral que advirte da débeda de España, por Venancio Salcines

O FMI súmase á coral que advirte da débeda de España, por Venancio Salcines

G24.gal 24/11/2022 09:38

O Fondo Monetario Internacional únese a un canto coral que cada día ten mais voces, os que advirten da necesidade de axustar a nosa débeda. Os xuros empezan a medrar e, ainda que o tema non e grave, o goberno de España tivo a sensatez, nos tempos de xuros ultrabaixos, de endebedarse ao longo prazo, o certo e que a ameaza esta aí. España necesita de tempo para percorrer ese camiño, e isto e ó que esta a recordar o FMI. Temo que, en todo caso, toca óso, porque estamos en tempos preelectorais e vai ser máis que complexo que o presidente Sánchez, ás portas dunhas eleccións municipais, desexe poñer a etiqueta de austero. E se non o ve o Presidente, menos o divido sector de Unidas Podemos. 

E se queremos arrancar a carreira, o Fondo ten claro o ritmo, entre 3.000 e 6.000 millóns menos ao ano. É dicir, as desadecuacións entre os nosos gastos e os nosos ingresos teñen que axeitarse nesa cantidade. O obxectivo pode conseguirse co crecemento da nosa economía ou cunha redución dos nosos gastos. Obviamente, pode elixirse entre o branco e o negro, pero quizais o mellor sexa tirar da cor gris. Aquí o FMI mostra o seu agrado pola creacións de novas figuras impositivas, esencialmente as eléctricas, o que non ten nada claro é que deban gravarse os ingresos en lugar dos beneficios. Onde observa riscos claros é na imposición á banca; móstrase preocupada polo fluxo do crédito e pola saúde das entidades financeiras. Este goberno de coalición está obsesionado polo relato público das súas medidas. Unidas Podemos está preocupada  pola percepción, por parte dos seus electores, das súas medidas, é mais que evidente que un certo castigo “fiscal” a determinados tipos de empresas non lle supón ningún tipo de custo electoral, ao contrario, pode activar os seus votantes. Por iso, atrévome a afirmar que nas novas figuras tributarias temos algo de necesidade e moito de relato político. O ano próximo mostrará a efectividade real das medidas, mentres toca esperar e cruzar os dedos; a economía española non está para sustos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade