Cargando resultados...
O Fondo Monetario Internacional eleva a súa previsión de crecemento para España
Estima que o noso crecemento económico será dun 2,5 % este ano
G24.gal
25/07/2023 17:33
O Fondo Monetario Internacional (FMI) elevou este martes nun punto, ata o 2,5 %, a súa previsión de crecemento para España este ano e recalcou a importancia da estabilidade política.
"En xeral a inestabilidade nunca é boa para a economía, pero creo que temos que esperar e ver como acaba o proceso e cara a onde quere ir o pobo español cos resultados destas eleccións", dixo o director do Departamento de Investigación do FMI, Pierre Olivier Gourinchas, nunha entrevista con EFE con motivo da revisión das previsións económicas mundiais.
Na devandita revisión, o Fondo mantén no 2 % a súa previsión de crecemento económico para 2024.