Publicador de contidos
Publicador de contidos

O fútbol español crea un comité de crise para apoiar os afectados pola DINA

O fútbol español crea un comité de crise para apoiar os afectados pola DINA

Actualmente hai constancia de que hai polo menos 105 instalacións de fútbol e fútbol sala afectadas

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 05/11/2024 12:19 Última actualización 05/11/2024 17:22

O fútbol español crea un comité de crise para apoiar os afectados pola DINA, formado pola Federación Española de Fútbol (RFEF), LaLiga, a liga F, a Federación Valenciana de Fútbol, cuxo territorio é o máis afectado, e a territorial de Castela-A Mancha, onde tamén hai vítimas.

O comité vai analizar os danos nas infraestruturas deportivas nas que se practica fútbol, para colaborar na súa reconstrución e ofrecer apoios materiais e persoais aos clubs e estruturas deportivas, segundo confirmou LaLiga este martes.

Actualmente hai constancia de que hai polo menos 105 instalacións de fútbol e fútbol sala afectadas. Dado que a prioridade é a procura dos desaparecidos e a atención a miles de familias que perderon todo, o comité realizará a avaliación de danos nas instalacións unha vez recuperada a mínima normalidade.

Os presidentes das territoriais de Valencia e Castela A Mancha, Salvador Gomar e Pablo Burillo, respectivamente, estarán á fronte dos traballos do comité para axudar e apoiar aos damnificados dentro do ámbito do fútbol en todo o que sexa posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade