Publicador de contidos
Publicador de contidos

O futuro de Moncho Fernández no Obradoiro, unha incógnita

O futuro de Moncho Fernández no Obradoiro, unha incógnita

En xuño do pasado ano, o adestrador galego ampliou dous anos máis a súa vinculación co Obradoiro

G24.gal 14/05/2024 13:57 Última actualización 14/05/2024 14:01

Consumado o descenso á LEB Ouro, o futuro do técnico Moncho Fernández no Monbus Obradoiro é unha incógnita que os dirixentes do club santiagués deberán resolver antes de iniciar a configuración do equipo do curso 2024-25.

En xuño do pasado ano, o adestrador galego ampliou dous anos máis a súa vinculación co Obradoiro, ao que chegou no verán de 2010 para conquistar esa tempada copa Príncipe e o ascenso á liga Endesa.

Desde entón, Moncho Fernández dirixiu ao Obradoiro na máxima categoría do baloncesto español. Foron 13 tempadas consecutivas e 433 partidos como técnico ACB co cadro galego, do que o pasado domingo pareceu despedirse no centro da pista do Multiúsos Fontes do Sar.

E é que o descenso de categoría e, sobre todo, as súas diferenzas con algúns dos dirixentes do club poderían acelerar a súa saída este verán a pesar de ter un ano máis de contrato, aínda que un sector da afección aínda confía en que o Alquimista da Pontepedriña volva liderar o proxecto deportivo na segunda categoría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade