Publicador de contidos
Publicador de contidos

O G7 acorda prestarlle a Ucraína 46.000 millóns de euros

O G7 acorda prestarlle a Ucraína 46.000 millóns de euros

Financiarase cos xuros xerados polos activos do banco central ruso que se atopan conxelados na Unión Europea

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 13/06/2024 15:47

O G7 chegou a un acordo "provisional" para conceder a Ucraína un préstamo duns 46.000 millóns de euros.

Financiarase cos intereses xerados polos activos do banco central ruso que se atopan conxelados na Unión Europea e especialmente en Bélxica.

Os negociadores dos países chegaron xa a un acordo "provisional" que aínda debe recibir o visto e prace formal de cada un dos líderes, aínda que non se prevé que ningún o bloquee.

Espérase que o acordo final sexa anunciado este mesmo xoves cando o presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, participe xunto aos líderes do grupo nunha sesión específica sobre Ucraína durante o cume que se celebra no sur de Italia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade