O G7 acorda un tope de 60 euros por barril de cru ruso, na liña da Unión Europea
O G7 acorda un tope de 60 euros por barril de cru ruso, na liña da Unión Europea
O club de nacións industrializadas pretende evitar que Rusia "se beneficie da súa guerra de agresión contra Ucraína"
O club de nacións industrializadas do G7 e Australia acordaron un tope de 60 euros por barril de cru ruso transportado por vía marítima, en liña coa decisión adoptada polos países da Unión Europea.
Con esta decisión, os Estados Unidos, O Canadá, O Xapón, O Reino Unido, Italia, Francia e Alemaña, que ostenta a presidencia de quenda, pretenden evitar que Rusia "se beneficie da súa guerra de agresión contra Ucraína", anunciaron nun comunicado.
Ademais, a medida ten como obxectivo "apoiar a estabilidade nos mercados de enerxía globais e minimizar os efectos económicos da guerra rusa de agresión, en especial para os países de baixos e medios ingresos".