O galego Arturo Guede atravesa África, de norte a sur, en bicicleta
O galego Arturo Guede atravesa África, de norte a sur, en bicicleta
A paixón pola aventura dun allaricense que xa fixera o mesmo en Australia
Gústanlle os retos, o deporte, acampar, viaxar e coñecer novas culturas. Por iso, logo dun voluntariado e varias viaxes, África atrapou a Arturo Guede, fisioterapeuta deportivo que non chega a trintena e traballa en París.
Volve sempre a Allariz, como agora, despois de atravesar África en bicicleta de norte a sur, case trece mil quilómetros e once países, durante sete meses. Arturo sabe o que fai tras varios retos Ironman e un periplo anterior similar por Australia.
"Gústame moito viaxar coa bicicleta porque estás exposto ao medio vas amodo e ves moito máis o medio e interactuar coa xente. Comecei en xaneiro deste ano en Exipto, no Cairo, e a idea era chegar a Cidade do Cabo. A ruta aínda que a tiña máis ou menos preparada, alí cada día pasan cousas e vas improvisando", cóntanos.
Cousas como facer amigos cos que vivir aventuras que irmandan para toda a vida pero
tamén houbo imponderables como quedar sen auga no deserto ou mesmo sufrir unha persecución policial. A súa inseparable cámara recolleu a odisea, agora pendurada en YouTube.
"Abríanme as súas casas, invitábame a comer e cando non teñen nada e iso levareino comigo toda a vida e intentarei aplicarmo. O que antes parecían problemas xa non o son porque te decatas de que alí viven co xusto e sen queixas, cun sorriso, moi resiliente".
Soña xa cun novo reto: atravesar o Atlántico a remo co seu amigo australiano. Pero todo chega e en setembro volve ao seu traballo en París. Iso si, coa promesa de non volver desesperar porque o metro tarde cinco minutos de máis, como lle ensinou África.