O programa Erasmus+ ofrece 35.500 bonos para que mozos de 18 anos viaxen de balde por Europa
O programa Erasmus+ ofrece 35.500 bonos para que mozos de 18 anos viaxen de balde por Europa
O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o vindeiro 16 de outubro
Os seleccionados poderán facer unha viaxe dun máximo de 30 días
A Unión Europea pon á disposición dos mozos nacidos durante o ano 2006 un total de 35.500 bonos para viaxar de balde en tren por Europa.
Os seleccionados poderán facer unha viaxe dun máximo 30 días entre o 1 de marzo de 2025 e o 31 de maio de 2026. Ademais, recibirán un carné xove europeo co que terás descontos, por exemplo, en visitas culturais, transporte local, comida ou aloxamento.
O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata as 12 do mediodía do vindeiro 16 de outubro no portal de xuventude da Unión Europea.
DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece a posibilidade de explorar a diversidade de Europa, aprender sobre o seu patrimonio cultural e a súa historia, e conectar con persoas de todo o continente.