Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña é unha das 10 cidades europeas mellores para viaxar sen estrés

A Coruña é unha das 10 cidades europeas mellores para viaxar sen estrés

Valoráronse aspectos como a conxestión do tráfico ou o acceso da poboación ao transporte público. Tamén o número de centros de benestar, de espazos naturais ou os quilómetros de praias

A Coruña é a única cidade española nos dez primeiros postos desta clasificación liderada pola cidade francesa de Niza

G24.gal 27/08/2024 22:14

A Coruña ocupa o posto décimo como cidade europea perfecta para viaxar sen estrés. É o que di un portal británico e ratifican coruñesas e coruñeses. Valoráronse diversos aspectos como a conxestión do tráfico ou o acceso da poboación ao transporte público. Tamén se tivo en conta o número de centros de benestar, de espazos naturais ou os quilómetros de praias. Mais cada quen encontra unha razón para vir aquí e relaxarse.

A Coruña é a única cidade española nos dez primeiros postos desta clasificación liderada pola cidade francesa de Niza, e onde a veciña cidade portuguesa de Porto ocupa o sétimo lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade