Publicador de contidos
Publicador de contidos

O galego Rodrigo Conde e mais Aleix García conseguen a prata nos mundiais de remo

O galego Rodrigo Conde e mais Aleix García conseguen a prata nos mundiais de remo

O dobre scull da parella española quedou a pouco máis dun segundo do ouro

Superou os australianos no treito final

Foto: @fed_esp_remo
G24.gal 25/09/2022 13:55

A parella de dobre scull formada polo moañés Rodrigo Conde e Aleix García conseguiu o bronce nos mundiais de remo que se celebran na canle checa de Racice. Foi nunha final dominada pola parella francesa.

Conde e García asentáronse na terceira praza desde o comezo, xusto por detrás dos australianos, que remaban polo carreiro dous. No treito final cambiaron o ritmo e fixéronse co segundo posto. Na parte final faltáronlles algúns metros para darlles caza aos franceses. Boucheron e Androdias impuxéronse con pouco máis dun segundo de vantaxe. A un segundo e catro décimas dos españois entraron os australianos Bartholot e Antill.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos