Publicador de contidos
Publicador de contidos

O gasto medio para as ceas de Noitevella roza os cen euros

O gasto medio para as ceas de Noitevella roza os cen euros

A cigala convértese na estrela, entre os 64 e 85 euros o quilo

G24.gal 29/12/2023 16:17

Dous días antes da Noitevella están coas últimas compras para celebrar a última noite do ano ante unha gran mesa. O marisco é a estrela. Os galegos optamos pola ameixa babosa e a centola, seguidos dun cordeiro ou rodaballo. O gasto medio ronda os cen euros.

Claro está que o gasto dependerá do peto de cada un. Pero un marisquiño case sempre se escolle para a noite de fin de ano. Dende os 22-27 euros o quilo deixamos na ameixa babosa, 40 na centola e nécora, e a cigala convértese na estrela entre os 64 e 85 euros o quilo.

"Móvese moito a vieira, a 16 euros está, o langostino a 13,50 euros, un pouco o máis accesible", comenta Montse Brea Antelo dende a peixería.

Entre os peixes, o ollomol é o máis caro, a 90 euros o quilo, seguido do rodaballo, a 60-70 euros o quilo. Entre as carnes, un capón de catro quilos ronda os 40 euros. Xunto co cordeiro leital a 25 euros o quilo e a perdiz son os produtos máis solicitados.

"Está a dez euros o auténtico de millo, ten sobre tres quilos e medio ou catro quilos oitocentos o máis grande, e o cordeiro está desde catro quilos, que é o máis caro que está a 25 euros ata nove quilos cincocentos que é o máis grande. Hai o recental que é de onde facemos as 'chuletillas'", explica Consuelo Álvarez na carnicería.

O que non pode faltar son as uvas, que a día de hoxe están entre os 4 e 5 euros. E precisamente o produto da sorte é do prezo que máis se queixan os consumidores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos