Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aínda non ten os apoios necesarios para validar a reforma laboral

O Goberno aínda non ten os apoios necesarios para validar a reforma laboral

O decreto vótase este xoves no pleno do Congreso

G24.gal 31/01/2022 14:53

Achégase o xoves e o Goberno aínda non ten os votos necesarios para validar o decreto da reforma laboral. A parte socialista apela a todo o arco parlamentario. A vicepresidenta primeira e ministra de Economía, Nadia Calviño, confía en ter "un apoio amplo" porque atopa "moi difícil xustificar que alguén vote en contra desta reforma".

Pero o principal partido da oposición mantense no voto en contra. "É a lea do presidente do Goberno e el saberá se o pode solucionar ou non", dixo esta mañá o vicesecretario de Comunicación do PP.  Pablo Montesinos asegura que o seu partido non vai ser "a muleta, o salvavidas, de Pedro Sánchez".

Así as cousas, o PSOE tende pontes con Ciudadanos, mentres que os socios de Unidas Podemos tiran polo bloque da investidura. A ministra de Asuntos Sociais, e líder de Podemos, Ione Belarra, está convencida de que o PSOE "estaría máis cómodo con algún tipo de xeometría variable que lle permitise nalgunhas ocasións pactar coa dereita e noutras coa esquerda".

Comisións e UXT tamén meten presión. Para Unai Sordo, secretario xeral de CCOO, "se os partidos da esquerda se puxesen á contra e deixaran aberta a porta a que partidos liberais e de centro dereita se apropiaran desta política, pareceríame dunha torpeza difícil de explicar".

Pero outros sindicatos, os nacionalistas ELA e LAB, maioritarios en Euskadi, tiran en dirección oposta. Hoxe reuníronse coa cúpula do PNV para pedirlles que voten en contra do decreto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade