Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno agarda poder aplicar o prezo límite do gas a partir de maio

O Goberno agarda poder aplicar o prezo límite do gas a partir de maio

É un tope de 30 euros o megawatt hora para intentar baixar o recibo da luz, que aínda está pendente da aprobación final de Bruxelas

G24.gal 21/04/2022 14:55

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, destacou que están a traballar para que "a principios de maio" poida estar "aprobado e aplicado xa" o acordo alcanzado polos gobernos español e portugués no seo do Consello Europeo para que haxa unha 'excepción ibérica' ao prezo da enerxía, que establece un tope para o gas de 30 euros o MWh.

"A nosa intención, a nosa expectativa, a nosa convicción é que, porque ademais así o entende tamén a Comisión Europea, a principios de maio podamos ter isto aprobado e aplicado xa no noso país e en Portugal", expresou a vicepresidenta.  

Así, asegurou que están "a traballar" coa Comisión Europea, xa que "hai algúns aspectos técnicos que aínda non están resoltos" e, ademais, matizou que o feito de que "coincidise" cos festivos de Semana Santa provocou "non poder apurar os días" tal e como desexarían". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos