Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia recibirá 11 dos 172 millóns de euros aprobados polo Goberno para atención primaria

Galicia recibirá 11 dos 172 millóns de euros aprobados polo Goberno para atención primaria

A partida destinarase á formación dos profesionais, á mellora da coordinación e tamén á adquisición de novo equipamento médico

O consello de ministros tamén aprobou un gasto de 281millóns  para a compra conxunta de produtos médicos

G24.gal 16/07/2024 14:28

O Consello de Ministros deu luz verde este martes ao acordo ao alcanzado o pasado día 1 de xullo na Comisión de Atención Primaria e Comunitaria (CAPYCO), da que forman parte todas as comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, para distribuír ás comunidades autónomas máis de 172 millóns de euros para destinar á Atención Primaria.

Así mesmo, a ministra Portavoz Pilar Alegría anunciou na conferencia de prensa posterior á reunión de Gabinete, unha autorización para a compra conxunta de produtos médicos por 281 millóns de euros.

"Dáse a circunstancia de que o noso país é desde hai tres décadas autosuficiente en compoñentes sanguíneos destinados a transfusión pero deficitario en plasma para moitos pacientes e por iso con esta achega tan importante de preto de trescentos millóns de euros —explicou Alegría— imos seguir mellorando este aspecto sanitario e por tanto a atención de moitos pacientes no noso país".

Polo que se refire ao financiamento ás comunidades autónomas para Atención Primaria, Alegría precisou: "Vai ir destinado á formación dos profesionais, á mellora da coordinación e tamén á adquisición de novo equipamento médico".

A Comisión de Atención Primaria e Comunitaria (CAPYCO) acordou esta repartición de algo máis de 172 millóns de euros, que precisaba a ratificación do Executivo, materializada este martes, e do Consello Interterritorial de Saúde.

Segundo informou entón o Ministerio de Sanidade, 85 millóns de euros irán destinados á formación de profesionais, a desenvolver as accións de Atención Primaria, a mellorar a calidade asistencial, a impulsar a práctica baseada en evidencia e ao desenvolvemento de estratexias de saúde comunitaria. Os outros 87 millóns de euros destinaranse a dar continuidade ás actuacións en materia de infraestruturas e equipamento en Atención Primaria e Comunitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade