Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba este martes a suba salarial adicional do 0,5 % para os funcionarios

O Goberno aproba este martes a suba salarial adicional do 0,5 % para os funcionarios

 Terá efectos retroactivos desde xaneiro de 2023

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 05/02/2024 18:52

O Consello de Ministros aprobará  este martes a subida salarial adicional do 0,5 % para os empregados públicos correspondente a 2023, que se aboará ao superar o crecemento económico do pasado exercicio a previsión recollida nos orzamentos.

Segundo sinalan fontes gobernamentais, esta subida salarial terá efectos retroactivos desde xaneiro de 2023 e elevará ao máximo do 3,5% o incremento dos soldos públicos no exercicio.

O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública xa asegurou a semana pasada que procedería en breve á tramitación para facer efectiva a subida, mentres que a alza do sector público para 2024 tería que esperar aos novos Orzamentos.

O acordo marco selado entre Goberno e sindicatos recollía unha subida salarial fixa do 2,5 % para 2023, a que podían sumarse dous incrementos adicionais de 0,5 puntos se se daban dous supostos que se cumpriron.

O primeiro, que dependía das cifras de inflación, xa se aboou o ano pasado desde as nóminas de outubro, mentres que o segundo, cuxa tramitación se aproba mañá, estaba vinculado a que a economía española crecese por riba do 2,4 % en 2023, dato que se superou nunha décima, segundo publicaba a semana pasada o INE.

Para 2024, o acordo establece un incremento salarial fixo do 2 %, ao que podería sumarse un 0,5 % adicional en función da evolución da inflación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos