Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba un teito de gasto de 195.353 millóns para 2025, un 3,2 % máis

O Goberno aproba un teito de gasto de 195.353 millóns para 2025, un 3,2 % máis

A ministra de Facenda cifra en 60.000 millóns de euros a reducción do déficit público desde 2020

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, a ministra portavoz do Goberno e o ministro de Economía, durante a conferencia de prensa posterior ao Consello de ministros deste martes A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, a ministra portavoz do Goberno e o ministro de Economía, durante a conferencia de prensa posterior ao Consello de ministros deste martes
G24.gal 16/07/2024 08:01 Última actualización 16/07/2024 14:12

O Consello de Ministros acordou un limite de gasto non financeiro para os Orzamentos Xerais do Estado de 2025 de 195.353 millóns de euros, sen contar cos fondos europeos, o cal supón un incremento do 3,2 % respecto ao aprobado para 2024, ano en que finalmente non se presentaron presupostos.

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda María Jesús Montero dixo que se trata dun teito prudente, compatible coas novas regras fiscais europeas, pero sen desatender os servizos públicos básicos do Estado de benestar.

O límite de gasto alcanza os 199.171 millóns se se suman os fondos Next Generation, unha cantidade que este ano diminúe a un terzo do orzado para 2024, porque pasarán a recibirse os préstamos que non computan para o gasto.

"Empeza hoxe a nosa aprobación dos orzamentos para 2025, que profundarán na consolidación de dereitos, no fortalecemento das clases medias e traballadoras, e no impulso ao tecido produtivo", afirmou.

A vicepresidenta informou que as comunidades autónomas e corporacións locais terán dúas décimas máis de marxe fiscal en 2025 e tamén nos dous anos seguintes, período en que o esforzo para reducir o déficit recaerá en maior medida na administración central.

O Goberno tiña a intención de contar con orzamentos para a primavera deste ano, pero a súa negociación fíxose inviable co adianto electoral en Cataluña, polo que finalmente se mantiveron prorrogados os de 2023. Neste sentido, Montero expresou a súa confianza en que as negociacións políticas para investir a Salvador Illa como president cheguen a bo porto: "Non prevexo que non haxa Goberno en Cataluña".

O Executivo mellora a previsión de crecemento

As cifras expostas no Consello de Ministros están calculadas sobre a base dun novo cadro macroeconómico que mellora a previsión de crecemento por enriba do 2 % o ano próximo que o ministro de Economía Carlos Cuerpo definiu como "estable e robusto".

As razóns detrás desta revisión á alza son o mellor comportamento das exportacións e o investimento, nun contexto en que se espera baixar a débeda pública do 100 % do PIB para o final da lexislatura e que se superen os 22 millóns de ocupados.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade