Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno británico activa medidas de emerxencia pola saturación en prisións inglesas

O Goberno británico activa medidas de emerxencia pola saturación en prisións inglesas

Os cárceres do Reino Unido, especialmente no norte de Inglaterra, viron nas últimas semanas moi superada a súa capacidade tras as detencións polos disturbios provocados por grupos de extrema dereita antiinmigración

Protesta de extrema dereita en Liverpool a comezos de agosto (Reuters/Belinda Jiao) Protesta de extrema dereita en Liverpool a comezos de agosto (Reuters/Belinda Jiao)
EFE 19/08/2024 08:40

O Goberno británico anunciou este luns que activou medidas de emerxencia para evitar o amontoamento nos cárceres ingleses, debido ao aumento dos condenados polos disturbios violentos que estalaron hai dúas semanas.

As medidas, activadas en virtude da chamada operación Amencer Temperán, permiten que os acusados poidan ser retidos en celas de comisarías e non teñan que comparecer ante un tribunal ata que haxa unha praza dispoñible nunha prisión.

As disposicións de emerxencia afectan as rexións do norte de Inglaterra, como Yorkshire, Cumbria, Lancashire, Manchester, Mersydide e Cheshire.

O sistema penal en Inglaterra, xa de por se bastante saturado, viuse desbordado polo recente aumento dos condenados polos actos violentos.

Os disturbios antiinmigración foron instigados por grupos de extrema dereita en resposta ao ataque con arma branca de fai tres semanas nun centro recreativo de Southport, no noroeste inglés, onde un agresor matou a tres nenas e feriu a outras dez persoas.

O secretario de Estado de Prisións, James Timpson, dixo hoxe que o Executivo laborista "herdou un sistema xudicial en crise" e, por tanto, "vímonos obrigados a tomar decisións difíciles pero necesarias para mantelo en funcionamento", polo que "se activou a operación Amencer Temperán para xestionar a presión que sente nalgúns lugares do país".

Nev Kemp, subdirector do Consello Nacional de Xefes de Policía, indicou aos medios que as forzas da orde seguirán facendo detencións a fin de "manter a seguridade do público, incluída a vixilancia de protestas e eventos e a garantía de que as persoas sexan arrestadas, como se espera".

Segundo o Goberno, as rápidas medidas para procesar e acusar os responsables dos disturbios "exacerbaron os problemas de capacidade que xa existían desde hai tempo nas nosas prisións".

Más de 470 persoas foron acusadas por diversos delitos tras as revoltas en varias cidades británicas, onde numerosas persoas -en moitos casos co rostro cuberto- lanzaron pedras, botellas e latas contra a policía que trataba de conter a violencia, pero tamén atacaron centros que albergaban a solicitantes de asilo e mesquitas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade