Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno británico, disposto a rachar o protocolo para o territorio negociado co Brexit

O Goberno británico, disposto a rachar o protocolo para o territorio negociado co Brexit

O Goberno de Boris Johnson tramitará un proxecto de lei que introduciría na provincia británica un sistema alternativo que anularía o acordado con Bruxelas en 2020

G24.gal 18/05/2022 08:13

O Goberno do Reino Unido confirmou que rachará unilateralmente o protocolo para Irlanda do Norte asinado como parte do acordo do Brexit se a Unión Europea non accede a modificalo.

Segundo anunciou a ministra de Exteriores no Parlamento, o Goberno de Boris Johnson tramitará un proxecto de lei que introduciría na provincia británica un sistema alternativo que anularía o acordado con Bruxelas en 2020.

O protocolo para Irlanda do Norte establece controis sobre as mercadorías que entran na provincia procedentes de Gran Bretaña para evitar establecer unha aduana terrestre coa República de Irlanda que vulneraría o acordo de paz de 1992.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade