Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno busca xa "o mellor día" para recoñecer Palestina como Estado

O Goberno busca xa "o mellor día" para recoñecer Palestina como Estado

Pedro Sánchez inicia este xoves unha xira europea para impulsar o recoñecemento do Estado Palestino por máis países

G24.gal 11/04/2024 14:59 Última actualización 11/04/2024 20:56

O presidente do Goberno inicia hoxe unha xira por Europa para impulsar o recoñecemento de Palestina como Estado.

Pedro Sánchez ceará esta noite na capital de Polonia con varios líderes europeos. Despois viaxará a Noruega e Irlanda, e continuará a próxima semana desprazándose a Eslovenia e Bélxica.

O presidente quere que máis países se unan ao recoñecemento do Estado palestino, que España ten previsto declarar en cuestión de días.

Nunha entrevista radiofónica, o ministro de Asuntos Exteriores asegurou que a declaración oficial "ten que ser a curto prazo" e que xa están buscando "o día mellor" para facela. 

José Manuel Albares apuntou que "é unha decisión do presidente do Goberno poñelo, pero a gravidade da situación fai que non se poida agardar moito máis".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos