Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno concederá "canto antes" axudas para os afectados polos incedios en Asturias

O Goberno concederá "canto antes" axudas para os afectados polos incedios en Asturias

O ministro da Presidencia di que hai que facer un estudo previo dos danos, pero que se acelerarán os trámites

G24.gal 08/04/2023 15:21 Última actualización 08/04/2023 15:46

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, visitou a zona asturiana afectada polos incendios e prometeu axudas o antes posible, tendo en conta os trámites administrativos que se necesitan nestes casos.

Na compaña do presidente do Principado, Adrián Barbón, Bolaños percorreu unha das áreas arrasadas polo lume no concello de Valdés. Alí dixo que o Goberno analizará decontado a declaración de zona catastrófica e que habilitará axudas pola vaga de incendios sufrida por Asturias, que calcinou unhas vinte mil hectáreas de terreo.

Bolaños asegurou que o executivo autonómico pode contar co Goberno central para a "reconstrución da economía produtiva" dos lugares afectados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar