Cargando resultados...
O Goberno de España fará obras de mellora polas deficiencias graves na A-52
O Goberno de España fará obras de mellora polas deficiencias graves na A-52
A autovía A-52 é unha das peor valoradas do estado pola cantidade de sinistros que se producen nalgúns dos seus tramos
Entre novembro e xaneiro, é dicir, en dous meses, esta estrada deixou un balance de dez feridos e unha vítima mortal
G24.gal
14/06/2023 14:21
Neste tramo da vía o firme está visiblemente danado con fochancas e sen barreiras de protección, que elevan o risco fronte a un accidente.
A chuvia complica aínda máis circular por esta autovía. Debido ao mal estado da calzada, prodúcense acumulacións de auga e os sinistros son habituais.
O Goberno central recoñeceu graves deficiencias na autovía, polo que destinará 3,8 millóns de euros para as obras de reparación da drenaxe do firme no tramo onde ocorreu o último accidente mortal.