Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno deixa caducar cinco parques eólicos necesarios para o futuro de Alcoa-San Cibrao

O Goberno deixa caducar cinco parques eólicos necesarios para o futuro de Alcoa-San Cibrao

O persoal de Alcoa di que está moi preocupado, malia que cre que a empresa retomará a actividade en xaneiro
G24.gal 21/12/2023 14:48

Logo de que o Goberno central deixase caducar os permisos de cinco parques eólicos destinados a abastecer de enerxía a Alcoa en San Cibrao, agora o seu delegado en Galicia di que confía en atopar solucións a través do traballo conxunto.

Declaracións que chegan logo de que a conselleira de Economía informara no Parlamento galego que Rede Eléctrica lle comunicara a caducidade dos proxectos.

O Goberno Galego afirma que, pola contra, 27 dos 30 parques eólicos de competencia autonómica teñen xa a declaración de impacto ambiental, e os outros tres vana ter en prazo.  A non construción destes cinco parques eólicos xerou incerteza no cadro de persoal.

Estes problemas súmanse á decisión de Alcoa de conxelar os 109 millóns previstos para construír un novo forno. O persoal agarda que na xuntanza prevista para xaneiro poidan darse pasos para garantir o futuro da fábrica, da que dependen uns mil empregos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade