O Goberno español apela á Unión Europea para resolver a crise con Alxeria
O Goberno español apela á Unión Europea para resolver a crise con Alxeria
Albares reúnese en Bruxelas co comisario europeo de Política Comercial
España advirte sobre un posible problema migratorio
O Goberno busca axuda en Europa. O ministro Albares cancelou a viaxe aos Estados Unidos para ir ao Cumio das Américas e está na capital comunitaria. Un problema comercial cun dos socios é un problema comercial da Unión Europea, é o argumento do executivo español, que tamén pon sobre a mesa a presión migratoria, que non sería só un problema de España, sería un problema compartido por todos.
En Madrid, Sánchez mantivo a axenda prevista, con dúas intervencións públicas, e ningunha referencia á crise aberta con Alxeria á conta do cambio histórico da posición española sobre o Sáhara. Mentres en Bruxelas, José Manuel Albares, ministro de Asuntos Exteriores tenta implicar os socios comunitarios para resolver o conflito con Alxeria.
Hai outro argumento que pode propoñer o Goberno español para forzar o apoio de Bruxelas. E é o dos fluxos migratorios. A ruptura do tratado de amizade por parte de Alxeria coincide coa chegada ás Baleares de varias embarcacións procedentes daquel país. É un problema para España, pero tamén para a Unión Europea.