Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno estuda incentivar os funcionarios que traballen despois dos 60

O Goberno estuda incentivar os funcionarios que traballen despois dos 60

Proposta do sindicato CSIF para frear o incremento de retiros anticipados

Antón Montero 19/01/2022 20:52

O Goberno estuda incentivar os funcionarios que sigan traballando despois dos 60 anos. A idea partiu do sindicato CSIF: propoñen que os traballadores públicos que renuncien a solicitar o retiro anticipado vexan incrementada a súa pensión nun 5 % anual.

Trátase de reverter a alta taxa de xubilacións voluntarias entre os funcionarios, que en 2020 se incrementou en case un 22 %.

Nunha xuntanza no Ministerio da Seguridade Social, CSIF tamén propuxo rebaixar a idade de xubilación do persoal sanitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade