Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE ofrécelle ao PDeCAT endurecer as causas para poder retirar os escanos

O PSOE ofrécelle ao PDeCAT endurecer as causas para poder retirar os escanos

Trátase da lei de axuizamento criminal e os cambios irían destinados a suspender os cargos públicos só no caso de que medie "violencia ou intimidación", segundo a axencia Europa Press

G24.gal 18/12/2022 20:33 Última actualización 18/12/2022 22:01

O PSOE  estaría aberto a negociar un cambio na lei de axuizamento criminal, concretamente no artigo que permitiu privar dos seus escanos os políticos máis significados do procès antes de seren condenados nos tribunais.

Segundo unha exclusiva da axencia Europa Press, a modificación limitaría a suspensión de cargos públicos a que o delito polo que sexan procesados resulte "grave ou moi grave" e medie "violencia ou intimidación". No caso do procès non se acabou acreditando o uso de violencia ou intimidación.

Ese artigo, o 384 bis da Lei de axuizamento criminal, permitiu que parlamentarios como Junqueras, Romeva, Rull e Turrull foran desposuídos dos escanos.

A modificación legal relacionada co procés sumaríase á eliminación do delito de sedición e a modificación da malversación, aprobados xa no Congreso e que están á espera da súa tramitación no senado.

E que está pendente do que poida resolver este luns o Tribunal Constitucional sobre o recurso presentado polo PP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos