Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno asegura a transparencia das eleccións: "Os cidadáns poden estar tranquilos"

O Goberno asegura a transparencia das eleccións: "Os cidadáns poden estar tranquilos"

O secretario de Estado de Seguridade salientou que "o sistema funciona perfectamente" identificando as irregularidades

Todo preparado no Centro Nacional de Difusión de Datos para o seguimento dos comicios con catro comparecencias informativas

G24.gal 27/05/2023 15:03 Última actualización 27/05/2023 15:23

Estas eleccións son as más complexas canto a loxística e seguimento de datos. Máis de 35 millóns e medio de votantes están chamados ás urnas para elixir 66.924 concelleiros nos municipios de todo o Estado, 736 deputados autonómicos en doce parlamentos, os representantes das cidades autónomas e tamén dos cabidos insulares das Canarias e as Balares.

Desde o Centro Nacional de Difusión de Datos no recinto de IFEMA, en Madrid, farase unha vez máis o seguimento puntual da xornada.

"Ás 10:30 da mañá informaremos sobre a composición das mesas electorais. Ás 14:30 facilitarémoslles o primeiro avance de participación, ás 18:30 darémoslles o segundo avance de participación da xornada e, por último, arredor das 22:30 a ministra voceira do Goberno e o ministro de Interior facilitaranlles o primeiro avance dos resultados", detallou Francesc Vallès, secretario de Estado de Seguridade.

Os responsables de Interior sosteñen que o sistema electoral español é "dos mais seguros e garantistas do mundo" e non cren que as novas sobre compras de votos incidan nunha maior abstención:

"En relación aos incidentes detectados, o que lles podo dicir é que se demostrou que o sistema funciona perfectamente: identifica, detecta e repara esas posibles irregularidades", sinalou Vallès.

Haberá unha plataforma web para o seguimento dos comicios: resultados.locales2023.es. Inclúe aplicación móbil e ofrecerá tamén información sobre posibles pactos de goberno en función dos resultados. Outro dato relevante é que se despregarán 99.000 axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Foi definido como "o maior dispositivo de seguridade nunhas eleccións" na historia da democracia española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade