Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno incorpora novos sinais nas estradas adaptados aos vehículos eléctricos

O Goberno incorpora novos sinais nas estradas adaptados aos vehículos eléctricos

Van representar aspectos como estacións de recarga eléctrica, zonas de descanso e estacionamento seguro ou o inicio e fin da rede viaria estatal

G24.gal 05/07/2024 11:28

O Ministerio de Transportes e Movilidade Sostible vai incorporar ao longo dos próximos meses novos sinais na Rede de Estradas do Estado adaptados á nova mobilidade e tecnoloxías, con pictogramas que sinalen os puntos de recarga de vehículos eléctricos ou zonas de estacionamento seguro.

Polo momento, segundo especifica o departamento que dirixe Óscar Puente, aprobouse unha orde circular que se incluirá no próximo real decreto do regulamento xeral de circulación e que, cando obteña aprobación, permitirá a instalación desta nova sinalización.

Algúns dos novos pictogramas e sinais que se incorporan son os representativos das estacións de recarga eléctrica dentro e fóra de estacións de servizo, venda de billetes para a operación Paso do Estreito, zonas de descanso e estacionamento seguro, delimitación das demarcacións hidrográficas ou o inicio e fin da rede de vías de circulación estatais.

O Goberno indica que estes novos sinais son froito dun proceso de coordinación entre o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e o Ministerio do Interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade