Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno nomea a Delgado para Memoria Democrática contra o criterio da maioría da carreira fiscal

O Goberno nomea a Delgado para Memoria Democrática contra o criterio da maioría da carreira fiscal

As dúas asociacións conservadoras advirtiron que proposta do fiscal Ortiz era nula de pleno dereito e pedían a súa paralización

O Goberno ignorou as críticas e defende o nomeamento

Dolores Delgado ocupará a dirección da Fiscalía de Dereitos Humanos e Memoria Democrática
G24.gal 13/06/2023 13:58

O Goberno nomeou este martes a ex fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado, como nova fiscal de Sala de Memoria Democrática. Fai, así, oídos xordos ás críticas da maioría da carreira fiscal, defende a transparencia do proceso e nega que se trate dun ascenso.

A voceira do executivo, Isabel Rodríguez, confirmou tanto este nomeamento coma o de Miguel Ángel Aguilar como fiscal de Sala contra os Delitos de Odio e Discriminación, a proposta do Fiscal Xeral do Estado, Álvaro García Ortíz. 

A semana pasada, a maioría do Consello Fiscal trasladoulle a Ortiz o seu rexeitamento ao nomeamento da exministra de Xustiza, pero a opinión dese órgano non é vencellante e a proposta foi aprobada hoxe mesmo polo Consello de Ministros. 

A voceira do Goberno defende que actuaron no marco da lei e lembrou que con este nomeamento cúmprese a Lei de memoría democrática, que creou esa fiscalía especializada para atender as vítimas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade