Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno pecha filas co presidente ante a esixencia do PP para que dimita

O Goberno pecha filas co presidente ante a esixencia do PP para que dimita

O ministro Óscar López defende que son "un excutivo limpo"

O PP insiste en que Sánchez "sabíao todo e tapouno"

Pedro Sánchez prescindiu do seu home de confianza en xullo de 2021
G24.gal 24/10/2024 14:15

"O Goberno, este Goberno é un Goberno limpo". O executivo trata de defenderse das arremetidas do caso Ábalos. O ministro Óscar López lembra que "ninguén está libre de que lle apareza un caso de corrupción", pero sostén que o importante "é o que se fai fronte a iso". 

Segundo os socialistas, actuaron rápido e foron contundentes, polo que non cabe esixirlle máis responsabilidades ao presidente do Goberno. Pedro Sánchez insiste en desvincular deste caso o cesamento do seu home de confianza. Para o Partido Popular iso é inverosímil. Esixen a súa dimisión e que aclare a súa relación con Víctor de Aldama, o comisionista do caso Koldo e suposto mediador no rescate de Air Europa. Segundo a vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, iso é "un intento absolutamente fake de implicar ao presidente". 

O Tribunal Supremo debe decidir agora se imputa a Ábalos, tal e como lle pide o xuíz da Audiencia Nacional. Ismael Moreno considera que hai indicios fundados de que xogou un papel principal e puido lucrarse coa venda de máscaras. Ábalos non lle dá ningunha credibilidade aos argumentos do xuíz. Mantén que é inocente e critica o escaso rigor do informe da Garda Civil. 

De momento, os socios do executivo evitan elevar o ton. O PNV mesmo pon o foco nos xuíces. Segundo o voceiro dos nacionalistas vascos no Congreso "moitos deles están ao que lle digan aqueles que os propuxeron". Aitor Esteban sostén que tanto o PSOE coma o Goberno tomaron medidas con celeridade.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos