Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno prorroga os ERTE e sobe o salario mínimo a 1.000 euros

O Goberno prorroga os ERTE e sobe o salario mínimo a 1.000 euros

O Consello de Ministros tamén estende o escudo social aprobado durante a COVID

As empresas con plans de pensións aforrarán en cotizacións sociais

Antón Montero 22/02/2022 18:01

O Goberno vai consituír un fondo para xestionar os plans de pensións no sector público. A el poderán adherirse tamén empresas particulares e traballadores autónomos. Se o fan, as empresas poderán deducir ata 115 euros ao mes nas cotizacións que pagan por cada traballador.

O empregado poderá facer achegas superiores ás da empresa e beneficiarse tamén de reducións no IRPF. A idea é estimular un mecanismo de aforro alternativo que complemente a paga de xubilación sobre todo das rendas medias e baixas.

Nun Consello de Ministros de marco carácter laboral, o executivo tamén aprobou o novo salario mínimo de 1.000 euros, a contar desde o pasado un de xaneiro.  

Para Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, "damos marcha atrás aos baixos salarios para mirar de fronte un salario mínimo que empeza a ser digno no noso país, que se asemella ás medias europeas".

O Goberno tamén prorrogou ata o 30 de setembro as prohibicións de desafiuzar ou cortar as subministracións básicas aprobadas durante a pandemia.

Outra prórroga é a dos ERTE que caducaban o luns. Seguirán durante todo marzo para dar tempo á entrada en vigor do novo modelo incluído na reforma laboral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade