Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno recorre ante o Constitucional a derrogación da lei de memoria en Aragón

O Goberno recorre ante o Constitucional a derrogación da lei de memoria en Aragón

"Polo dereito das vítimas e para impedir que se rescriba a historia", asegura o ministro de Memoría Democrática, Ángel Víctor Torres, quen sostén que trataron de negociar coa administración aragonesa que rexeitou sentar na mesa co Goberno central

Conferencia de prensa tras a reunión do Consello de Ministros (EFE/Chema Moya)
G24.gal 28/05/2024 13:10

O Consello de Ministros aprobou este martes presentar un recurso ante o Tribunal Constitucional para frear a lei de Concordia aprobada polo goberno autonómico de Aragón de PP e Vox, segundo indicou o ministro, Ángel Víctor Torres.

Así o indicou na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello celebrado esta mesma mañá na Moncloa e explicou que toman esta decisión cando se cumpren tres meses da publicación no Boletín Oficial de Aragón da citada norma, período establecido para chegar a un acordo entre o Executivo autonómico e o Central que finalmente non se produciu.

Torres sinalou que tentaron abrir un dialogo formal con Aragón para chegar a un acordo pero a administración rexional rexeitou sentar á mesa para negociar "algo inusual", segundo remarcou.

Sinalou ademais que o Goberno toma esta decisión co aval do Consello de Estado e reprocha que esta norma retira placas de sinalización de campos de concentración, así como de lugares de memoria e o mapa de fosas comúns, entre outras medidas.

Así as cousas, o ministro Torres explicaba que se tomaba a decisión "polo dereito das vítimas e para impedir que se reescriba a historia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade