Tres comunidades autónomas en alerta este luns; Valencia, en aviso laranxa por fortes chuvias
Tres comunidades autónomas en alerta este luns; Valencia, en aviso laranxa por fortes chuvias
Nas últimas horas pasou a laranxa o aviso vermello da tarde en Valencia
A comunidade de Valencia pídelles aos veciños das zonas afectadas pola DINA que queden na casa polas chuvias, "nas zonas elevadas"
A Comunidade Valenciana, Cataluña e Aragón están en alerta este luns por fortes choivas e tormentas, con parte de Valencia, de Castelló e de Tarragona en aviso laranxa, que implica un risco importante, segundo avanza a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
En Valencia, a provincia máis afectada pola devastadora gota fría desta semana, o aviso laranxa estará vixente en principio durante todo o día, xa que o seu litoral norte ten risco de precipitación acumulada nunha hora de 40 litros por metro cadrado, os mesmos que no litoral sur de Castelló.
Os avisos laranxa mantéñense tamén no litoral norte e o interior de Castelló, onde hai posibilidades de choiva acumulada en 12 horas de ata 100 litros por metro cadrado e onde os chuvascos serán localizados, de maneira que localidades próximas poderían ter acumulados moi dispares.
Idéntico aviso está activado no prelitoral e o litoral sur de Tarragona, aínda que neste caso o perigo de precipitación acumulada en 12 horas é de ata 150 mm. A partir do mediodía esténdese o aviso amarelo á zona do baixo Aragón de Teruel, o interior sur de Castelló, o litoral de Barcelona e o litoral norte, o prelitoral norte e a depresión central de Tarragona, onde podería chover ata 20 mm nunha hora.
Xunto ás choivas, Valencia, Tarragona e Castelló están en alerta por tormentas que poden ir acompañadas de saraiba.