Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno non conta con apoios para aprobar a reforma da lei de estranxeiría

O Goberno non conta con apoios para aprobar a reforma da lei de estranxeiría

Junts esixe que Cataluña quede excluida do reparto de menores

G24.gal 11/07/2024 14:28

A situación dos inmigrantes tamén afecta a gobernabilidade de España. Cataluña foi a única comunidade que se abstivo no acordo para a repartición dos menores. E os independentistas de Junts din que tampouco van apoiar a reforma da lei de estranxeiría.

Sen o apoio dos independentistas, o Goberno mira para o PP a quen lle pide apoio. O Executivo pídelles aos populares responsabilidade e que se comporten como "un partido de Estado" e apoien a reforma.

Despois de que onte as comunidades autónomas acordasen acoller de forma voluntaria 400 menores migrantes tutelados en Canarias e Ceuta, pero non lograsen un consenso sobre a modificación da lei de estranxeiría, hoxe a voceira do Goberno Pilar Alegría sinalou que o pacto para a repartición é "un parche insuficiente" e salientou a necesidade de reformar a lei para lograr unha solución a longo prazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos