Publicador de contidos
Publicador de contidos

O golpe de Estado de Sudán mantén retido o grupo galego Baiuca

O golpe de Estado de Sudán mantén retido o grupo galego Baiuca

Chegaron o domingo para participar no festival de música Suma, onde terían que actuar hoxe

Os cinco integrantes da banda permanecen na embaixada de España

G24.gal 26/10/2021 21:19

O golpe de Estado perpetrado este luns en Sudán colleu os integrantes do grupo galego Baiuca no país africano. Chegaron o domingo para participar no festival de música Suma, onde terían que actuar hoxe.

Os cinco integrantes da banda están ben, permanecen na embaixada de España e segundo nos conta o seu manager, aínda que as conexións están interrompidas, esta mesma tarde puideron falar coas súas familias. 

O exército de Sudán tomaba o poder este luns e arrestaba o primeiro ministro que continúa en paradoiro descoñecido. Un golpe de Estado que abortou a transición democrática do país africano e que colleu na capital o grupo galego Baiuca.

Estaba previsto que hoxe mesmo pechasen o festival de música Suma. Porén permanecen na embaixada de España en Sudán, onde estaban aloxados desde o domingo.

Tamén na súa web o Ministerio de Asustos Exteriores recomenda non viaxar a Sudán ata que a situación se normalice.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade