O Gordo reparte 180 millóns na Coruña e en Cambre
O Gordo reparte 180 millóns na Coruña e en Cambre
Un despacho da Coruña vendeu 45 series
Os nenos cantaban o 05490, e nun despacho da Coruña non podían ser máis felices. Vendera 45 series do Gordo. Os loteiros daban a primeira pista de onde se repartiran gran parte dos 180 millóns de euros.
"Desde que hai nova xerencia alí no Gaucho Díaz confía en nós. Dálle igual. Sempre di que lle mandemos un numero calquera".
E mandáronlle o 05490... 300 décimos que ás 11:20 da mañá alumearon a Parrillada Gaucho Díaz I de Cambre.
Un empregado di que foi o propietario o que se deu conta, xusto cando saía o número. El engade que está moi repartido entre os seus clientes
Neste asador paran moitos traballadores para comer. Deixa na zona ledicia e máis dun millonario.
Unha desas agraciadas conta como o soubo: "A miña sogra díxome que nos tocara o Gordo e que Álex non me localizaba. Mirei o teléfono e tiña 20 chamadas perdidas del".
Ledicia tamén na administración de lotería cos primeiros agraciados. A sorte, desta volta, chegaba dunha data moi especial: "Ela comprou o 90 porque este ano o meu pai faría 90 anos. Morreu hai dous".
É momento de celebrar e de compartir con quen tivo menos sorte.
Uns xa compraron billetes para traer a Galicia familia este Nadal. Outros queren cobrar unha débeda. "Dixeron que nos daban outro neto se tocaba o gordo. E tocou".