O Gipuskoa sorprende na Coruña e rouba o factor campo
O Gipuskoa sorprende na Coruña e rouba o factor campo
A serie de cuartos da Leb Ouro comezou do peor xeito para o Básquet Coruña (67-77)
O Leyma Coruña perdeu con claridade diante de Gipuskoa no primeiro partido da eliminatoria de cuartos da Leb Ouro (67-77) e cedeu o factor campo ao cadro vasco.
Foi nun mal partido do equipo galego no que sempre foi a remolque. A igualdade mantívose ata o final do primeiro cuarto (14-15) pero un parcial de 3-9 permitiulle aos visitantes colleitar as primeiras vantaxes.
O desastre chegou no segundo período. O Leyma tentaba aguantar (27-32) pero encaixou un parcial de 2-11 que lle deu a Guipúscoa unha ampla marxe para chegar ao descanso dezaseis arriba (31-47).
Respostou o Leyma cun 10-0 de saída no terceiro cuarto (41-47) pero non acabou de culminar a remontada. Chegou ao último (49-54) metido no partido pero o inicio do BCA volveu a ser nefasto (2-10) e os visitantes xa non deixarían que se achegase no marcador. Carlson (20 puntos) e Martínez de la Orden (18) foron os máis destacados dun Gipuskoa superior.