Publicador de contidos
Publicador de contidos

O helicóptero do presidente iraniano, en paradoiro descoñecido tras unha aterraxe forzosa

O helicóptero do presidente iraniano, en paradoiro descoñecido tras unha aterraxe forzosa

As autoridades do país non dan detalles do suceso que afectou o conservador Ibrahim Raisi

A televisión iraniana emite rezos polo presidente iraniano, mentres continúa a súa procura

Ibrahim Raisi, este domingo no helicóptero desaparecido en Irán
G24.gal 19/05/2024 16:12 Última actualización 19/05/2024 19:46

O helicóptero que transportaba o presidente de Irán, Ebrahim Raisi, atópase en paradoiro descoñecido tras realizar unha aterraxe forzosa no noroeste do país e ignórase o estado do mandatario, informaron a axencia oficial IRNA e a televisión estatal.

As autoridades non explicaron a causa da aterraxe forzosa e puxeron en marcha unha operación para localizar o aparello no que viaxaban Raisi e outros altos cargos do país, sen éxito ata o de agora debido á situación climatoloxía adversa.

"Tras o anuncio do accidente do helicóptero que transporta o presidente, enviáronse equipos de rescate", dixo o presidente da Media Lúa Vermella, Babak Mahmoud, a medios iranianos.

En total enviáronse 20 equipos de rescate á zona de Kalibar e Warzghan, situada na provincia de Acerbaixán Oriental, onde se produciu o incidente. A situación con climatoloxía adversa e a néboa están a dificultar eses labores de rescate, explicou o ministro do Interior de Irán, Ahmad Vahidi.

“Estamos a esperar que os equipos de rescate cheguen ao lugar”, dixo Vahidi a medios locais. O helicóptero formaba parte dunha comitiva de tres aeronaves e xunto co presidente viaxaban o ministro iraniano de Exteriores, Hosein Amir Abdolahian, e o gobernador de Acerbaixán Oriental, Malik Rahmati, entre outros altos cargos iranianos.

Raisi inaugurou este domingo unha presa xunto co seu homólogo acerbaixano, Ilham Alíev, na fronteira entre os dous países, un proxecto que os mandatarios cualificaron como un paso adiante nas relacións bilaterais.

O clérigo ultraconservador Raisí foi elixido en xuño de 2021 co 62 % dos sufraxios, cunha participación inferior ao 50 % do censo e un 14 % de votos nulos, nunha mensaxe de desobediencia civil enviado pola disidencia ao réxime teocrático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade