O horto do Hospital Lucus Augusti doa tres toneladas anuais de produtos frescos a colectivos sociais

Os hortos acollen tamén visitas guiadas de escolares e obradoiros para aprender a traballar a terra
A carón do Hospital Lucus Augusti atopamos estes hortos. Deles saen cada ano máis de tres toneladas de produtos frescos que son repartidos polo Banco de Alimentos, Cáritas e outros colectivos sociais.
Todo iso coa particularidade de que se trata dun proxecto promovido desde o propio hospital lugués e a oenegué que creou a empresa que xestiona o servizo de restauración do centro.
Son 16 parcelas, un invernadoiro e unha zona de árbores froiteiras que coidan con moito agarimo. Os hortos acollen tamén visitas guiadas de escolares e obradoiros para aprender a traballar a terra.