Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un hostaleiro de Rinlo quere doar á ciencia un lumbrigante azul de 8 quilos

Un hostaleiro de Rinlo quere doar á ciencia un lumbrigante azul de 8 quilos

Entrou nunha nasa na costa asturiana e calcúlase que terá uns oitenta ou noventa anos

G24.gal 14/04/2024 13:57 Última actualización 14/04/2024 22:43

Un veciño de Rinlo ten no seu restaurante un lumbrigante azul de máis de oito quilos, un crustáceo que só pesa oitocentos gramos menos ca o máis grande da súa especie que se recolle no libro Guiness. Entrou nunha nasa na costa asturiana e calcúlase que terá uns oitenta ou noventa anos.

A intención do hostaleiro non é servilo no seu local, senón que preferiría doalo a unha universidade ou a calquera institución onde o seu estudo científico puidese achegar datos de interese.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade