Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio da Palma continúa activo pero evoluciona favorablemente

O incendio da Palma continúa activo pero evoluciona favorablemente

As autoridades confían en que ao longo desta xornada quede igualmente estabilizado

G24.gal 19/07/2023 12:40

O incendio forestal da illa da Palma continúa activo na fronte sur e na que afecta ao Parque Natural da Caldera de Taburiente, pero dáse por estabilizado na fronte norte.

Cento trinta e unha persoas traballaron durante a noite na extinción dos focos activos, e as autoridades confían en que ao longo desta xornada queden igualmente estabilizados.

Os albergues habilitados para acoller os veciños desaloxados quedaron baleiros e a zona evacuada limítase á parte alta de Tijarafe e ao único lugar habitado da Caldera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade