Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio de Castelló afronta a súa cuarta xornada activo e sen control

O incendio de Castelló afronta a súa cuarta xornada activo e sen control

O lume, que comezou o xoves, xa queimou máis de 4.000 hectáreas

Pedro Sánchez considera o lume una advertencia do cambio climático

G24.gal 26/03/2023 08:34 Última actualización 26/03/2023 09:40

O incendio forestal decretado este xoves no interior de Castelló e parte de Teruel segue sen control e mantén unha gran voracidade. Ata o momento, xa queimou máis de 4.000 hectáreas.

O vento, as altas temperaturas e a baixa humidade están a dificultar os traballos dos equipos de extinción que, malia todo, conseguiron este sábado manter o perímetro de 40 quilómetros.

O peor levouno unha pequena aldea de Teruel. Quedou totalmente calcinada polas lapas. Por sorte, os seus únicos habitantes están entre as 1.500 persoas desaloxadas. 

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, fixo un chamamento para extremar as precaucións, co obxectivo de evitar danos persoais.

Desde Santo Domingo, onde participou no Cume Iberoamericano, asegurou que o Goberno segue moi de preto a evolución do lume dende o primeiro momento.

Tamén reiterou o seu apoio ás persoas que traballan nos labores de extinción e a súa solidariedade coas que tiveron que abandonar as súas casas polo avance das lapas.

"A prioridade absoluta é controlar o incendio e evitar calquera dano persoal por iso reitero a miña petición para que se extremen as precaucións", sinalou.

Ameaza do cambio climático

O Goberno está a traballar "en perfecta coordinación" cos executivos da Comunidade Valenciana e de Aragón, asegurou. Cos seus presidentes, Ximo Puig e Javier Lambán intercambiou mensaxes nas últimas horas.

"Este grave incendio fóra de tempada é unha advertencia moi seria da ameaza do cambio climático para un país como o noso. Por iso estamos a dar prioridade ás políticas de adaptación e de mitigación fronte ao cambio climático e ás medidas e recursos para previr e anticiparnos aos incendios".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade