Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio do Courel arrasa máis de 11.000 hectáreas nunha semana

O incendio do Courel arrasa máis de 11.000 hectáreas nunha semana

Os veciños desaloxados xa regresaron, pero algunhas vivendas arderon

A Xunta desactivou a alerta porque xa non hai perigo de que as lapas se acheguen ás casas

G24.gal 23/07/2022 14:40

A desgraza cebouse no Courel en forma dun incendio que comezou hai unha semana e que xa calcinou máis de 11.000 hectáreas. Afectou a unha cuarta parte do xeoparque, un espazo natural de gran riqueza, pero o máis grave foi o dano causado en varias aldeas. En Vilar arderon varias casas. 

Co medo aínda no corpo lembran que tiveron que desaloxar porque o lume, descontrolado, achegábase ás casas en Folgoso do Coruel. 

Unha semana leva ardendo esta zona. Os equipos contra incendios esfórzanse en que non volva rebrotar.

Xa está desactivada a situación 2 porque non hai perigo de que se achegue a núcleos habitados. A recuperación aínda será lenta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade